Preme no cartaz para ver a información
(AFORO LIMITADO POR CUESTIÓNS DE ESPAZO)
Día 18 de novembro, Venres
Ás 20:00 na asociación Anam Cara (C/Barrié de la Maza 15, 2ºB SADA A Coruña).
Actividade gratuíta e aberta a todo o público
Obxectivo: quérese concienciar as persoas consumidoras, sobre o seu papel como axentes de desenvolvemento, dándolles a coñecer as distintas prácticas de consumo que buscan promover o desenvolvemento das sociedades de xeito mais xusto e equilibrado.
O proxecto, na sua primeira parte, consistiu na elaboración participativa de dúas curtas documentais sobre economías solidarias, experiencias e boas prácticas no noso territorio. A segunda parte deste proxecto consiste en levar adiante unha campaña educativa sobre alternativas da economía solidaria a través da difusión destas curtas en vídeo-forums.
O video-forum presenta dúas curtas :”Minar” e “Sempre foron cinco”
“Minar” (12 minutos) Aborda o impacto do proxecto de explotación mineira en Pico Vello (As Pontes). A zona de Pico Vello está nas proximidades do Parque Natural Fragas do Eume e ao seu pé , atópase o que constitúe o único corredor ecolóxico entre o Parque Natural Fragas do Eume e Lugar de Interese Comunitario Xubia-Castro, ámbolos dous incluídos xa na Rede Natura 2000. A posta en funcionamento da explotación suporía a perda deste corredor ecolóxico e a destrución irreversible dun inmenso patrimonio natural e etnográfico (fragas, regos, brañas, muíños, ...). Esta explotación provocaría a eliminación definitiva e irreversible da fonte principal do río Belelle, afectando gravemente tanto á cantidade como á calidade das súas augas, das que se subministra unha poboación importante dos concellos de A Capela, Cabanas, Fene, Neda e Ferrol.
“Sempre foron cinco” (15 minutos) Fantástica homenaxe ás avóas e a todas esas mulleres que sen moitos recursos sacaron adiante as xeracións anteriores resaltando a austeridade como valor. A curta ofrece un paralelismo entre ese modelo económico de superación e aforro e novas alternativas financeiras non lucrativas que poñen o centro de atención en proxectos con rendibilidade social ou cultural para que as persoas que teñan unha idea de autoemprego viable poidan ser protagonistas da súa vida.

No hay comentarios:
Publicar un comentario