AFORO COMPLETO
(PRAZAS LIMITADAS)
Baseado no adestramento vocal Roy Hart, o traballo ofrecido parte do obxectivo de abrir a nosa voz e ir máis alá dos seus límites. Mentres que abrimos esta, ampliamos o seu rexistro, atopamos novas calidades no son emitido e distintas clases de voces.
No curso se traballa a conexión corpo e voz, cada parte do corpo ten unha voz persoal asociada e cada son/voz, unha emoción/intención detrás.
Traballamos a apertura para poder permitir ao noso corpo e a nosa voz expresar o que necesite neste espazo, tempo e circunstancias, neste presente.
No adestramento vocal, Roy Hart pon en dúbida a idea de que somente temos unha soa voz que nos pertence; a idea clásica de que unha persoa é baixo, tenor, soprano etc., desde que nace ou desde que ten a voz “formada”. Acaba coas ideas de ter problemas coa voz, de non ser capaces de proxectala ou de modular o volume. Escollemos unha voz para o noso día a día, unha voz coa que nos sentimos cómodos e aceptados no noso entorno, pero esta é somente unha das nosas voces.
Cando ampliamos a expresión da nosa voz, ampliamos a expresión da nosa personalidade.
O traballo co corpo, o movemento, o xogo, a escoita e a comunicación axudaranos a descubrir as distintas voces que se ocultan no noso interior, a mellorar a percepción de nós mesmos, dos nosos corpos e voces e ao mesmo tempo a percibir e entender mellor as voces, os corpos e os discursos dos outros.
Este curso está dirixido a todo aquel que queira facer unha exploración profunda e honesta da súa voz, a todos aqueles que teñan ganas de investigar as súas posibilidades, con ou sen experiencia no campo artístico.
Nuria Inglada Cardona
Nada en Barcelona, 1968. Directora teatral, especialista en adestramento actoral e profesora de corpo- voz, licenciada en Arte Dramático, especialidade Dirección de Escena e Dramaturxia pola Escola Superior d’Art Dramàtic. Institut del teatre. Barcelona. 1998.
Desde 2001 entrenase regularmente no traballo sobre a expresión da voz e o canto, no Centro artístico Roy Hart, Francia, e actualmente sigue a formación pedagóxica para ser profesora de entrenamento vocal Roy Hart.
***Para inscribirte envianos un e-mail a asociacionanamcara@gmail.com e/ou chámanos aos seguintes números de teléfono: 619 39 11 60 e 661 28 07 70***
HORARIO:
Sábado 5 de Novembro de 16 a 20 horas.
LUGAR:
Asociación Anam Cara. Barrié de la Maza, 15 - 2º B Sada (A Coruña)
PREZOS:
SOCIOS-AS: 5 €
NON SOCIOS-AS: 20€
No hay comentarios:
Publicar un comentario