Despois dun periodo de formación non-reglada no Ifface e tendo moitas de nós comezando a embarcármonos en intervencións facilitadoras de diferente nivel e dificuldade vemos necesario facer un traballo de reflexión e compilación dos coñecementos e experiencias que conforman o que podería chamarse o “noso primeiro CV facilitador”.
Nesta proposta guíada por Mariola Mourelo imos traballar colectivamente para dar ese primeiro empuxonciño que nos clarifique un pouco onde estamos agora e por onde queremos ir.
Este obradoiro terá lugar o Sábado 18 de Xuño das 11:00 ás 14:00 no local da Asociación Anam Cara (rúa Barrié de la Maza, 15, 2ºB, Sada) con facil aceso de transporte público.
A quen vai dirixido: Persoas con formación mínimo nivel inicial do Ifface ou similar e con interés en continuar coa formación e/ou práctica facilitadora.
Obxectivos:
Crear un espazo para a exploración persoal e profesional da facilitación
Compartir as motivacións persoais e profesionais que nos trouxeron ao mundo facilitador
Facer unha listaxe mais ou menos “caórdica” dos coñecementos teóricos e prácticos que xa posuimos como facilitadoras en prácticas
Explorar as fortalezas e debilidades do noso CV e como podemos visibilizalas, potencialas (F) e melloralas, superalas (D)
Metodoloxía: traballo individual e grupal, oral e escrito, dinámicas de intelixencia colectiva, proceso creativo, etc.
Custe: Bote comunitario consciente (cada quen decide o aporte monetario ou outro a dar dacordo ao que lle retribúa o obradoiro e o que ela ou él poda aportar)
PROGRAMA:
A) Presentación e Contextualización: Para que queremos un CV facilitador?
B) Explorar as cualidades e habilidades recomendábeis da persoa facilitadora.
C) Elaboración do noso primeiro CV facilitador
D) Conclusións e feche
É imprescindibel inscripción que podes realizar a través deste formulario http://goo.gl/forms/
4Espazos no Facebook: https://www.facebook.com/4espazos
Blog de 4Espazos: http://4espazosfacilitacion.blogspot.com.es/
No hay comentarios:
Publicar un comentario