Preme na imaxe |
Informámosvos do mercadiño de 2ª man e troco que terá lugar en Sada. A Asociación Anam Cara está colaborando na súa realización, xunto con A.U.I.C: A Asociación de Usuarios de Informática Clásica, Reciclin & Reciclán e o Concello de Sada.
No mesmo tamén haberá actuacións musicais (Rayzes, Infusiones Musicales e Paris Joel) e xantar popular no que cada un/unha de nós levará a súa propia comida, bebida e cubertería (Se o bom tempo acompaña podemos comer no campiño, senón teremos a carpa para cubrirnos, podedes levar esterillas para a vosa maior comodidade)
Nos postos de 2ª man só poderán participar asociacións e particulares.
Queremos aclarar que este evento non ten ningún fin benéfico, pois o montante do que venda cada posto será íntegro para cada participante.
A participación no mesmo é gratuita baixo inscripción previa.
Este mercado é para fomentar a segunda man e o troco de obxetos que xa non usamos e lles poden ser de utilidade a outras persoas.
Se sobrasen obxetos que os propios donos non queran levar de volta, poderanse donar ás asociacións sin ánimo de lucro participantes no evento.
Para máis info accedede ao link do blogue de mercado solidario, tamén atoparedes unha ficha para preencher se estades interesados en montar un postiño.
http://festadopobo.blogspot.com.es/p/primera-edicion-festa-do-pobo.html
Unha aperta camaradas!!!
DÍA: Xoves , 17 de Maio
LUGAR: Praza Irmáns Suarez Picallo
HORA: Desde ás 12:00 ata as 19:00 horas.
ACCESO: Libre e gratuíto
No hay comentarios:
Publicar un comentario