OBRADOIRO LÚDICO-MUSICAL PARA NENOS E GRANDES
Un entorno pensado para as familias.
Un espazo no cal poder xogar, coñecerse, aprender,
disfrutar e vivir unha xornada moi especial
... na compaña da música.
A QUEN VAI DIRIXIDO:
Bebés e Nenos a partir dos 3 meses ata os 3 anos,
en compaña de 2 adultos como máximo. É preciso un adulto por cada neno.
IMPARTE:
Carla López Vázquez
Músico, Musicoterapeuta, Especialista en Educación Musical
Un entorno pensado para as familias.
Un espazo no cal poder xogar, coñecerse, aprender,
disfrutar e vivir unha xornada moi especial
... na compaña da música.
A QUEN VAI DIRIXIDO:
Bebés e Nenos a partir dos 3 meses ata os 3 anos,
en compaña de 2 adultos como máximo. É preciso un adulto por cada neno.
IMPARTE:
Carla López Vázquez
Músico, Musicoterapeuta, Especialista en Educación Musical
PREZO:
10 € por neno/a (inclue dous adultos acompañantes)
MÁIS INFORMACIÓN E RESERVA DE PRAZA:
No email: asociacion.anamcara@gmail.
Tel.: 619 39 11 60 / 661 280 770
(PRAZAS LIMITADAS)
A música é un feito inherente ao ser humano. É expresión de emocións e sensacións, recrea os sons da natureza e os combina con exclusivo efecto expresivo, desprovista de intelectualidade.
A música chega a todas as esferas do desenvolvemento do neno e aporta beneficios a todos os niveis da persoa, tanto físicos coma afectivos, cognitivos e sociais.
As cancións e as rimas contribuen ao desenvolvemento da linguaxe.
A música prepara ao neno para a futura adquisición da língua pola similitude nas estructuras existentes entre a música e a palabra.
Os nenos son seres musicais e creativos. A música lles permite desenvolver fácil e libremente a súa capacidade creativa, comunicativa, a súa expresión corporal, intuición e ritmo naturais, memoria,
concentración, coordinación, dunha forma divertida.
"Todo ser humano na súa alma ten un son moi baixiño. É o son da súa esencia, do seu ser. E se os actos da súa vida non coinciden con esa nota, esa persoa non pode ser feliz."
Nikita Mijalko
No hay comentarios:
Publicar un comentario