Silvia Penide e Carla López converxen, coa máxima ilusión, neste roteiro musical que supón unha magnífica oportunidade para xogar, explorar e aprender nun experimento musical enormemente enriquecedor.
FEMININOPLURAL xorde da necesidade de amosar o importante percorrido de diversas mulleres autoras no transcurso da historia da humanidade. Quixemos para isto trazar/construír un camiño cheo de historias tanto contadas como cantadas, onde se puidera reflectir en pequenas cápsulas musicais a pegada indelébel das autoras que conforman un inmenso e necesario patrimonio universal.
A nosa intención é dar visibilidade e relevancia absoluta á figura da muller autora, que moitas veces permaneceu nun segundo plano.
Unha viaxe que anima a desfrutar, valorar e aplaudir as nosas autoras universais.
Silvia Penide: Unha das voces mais peculiares e emocionantes do panorama musical galego. É autora e intérprete de cancións moi directas que conectan co público. Actualmente presentando tamén o seu 6º disco "Todo pintado de plata".
Carla López: Musicoterapeuta, facilitadora de canto prenatal, músico e especialista en educación musical.
Silvia Penide. Voz
Carla López. Teclados e Voz
Lugar e Horario:
21:00 hrs. Anam Cara. Barrié de la Maza, 15 - 2ºB Sada (A Coruña)
Reservas: 619 39 11 60 / 661 28 07 70 asociacionanamcara@gmail.com
*Aportación Voluntaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario