GIRALUA VENRES 18 DE XANEIRO 20:30 HRS A 22:30 HRS. APROX.
en Asociación Anam Cara
C/ Barrié de la Maza 15-2ºB
Sada-A Coruña
Tels. Contacto:
Anuk 661.28.07.70
Alicia 619.39.11.60
Alicia 619.39.11.60
"Estés onde estés, estarás unido as túas devanceiras e a tua terra" Dewé Gorodé
Houbo un tempo en que o noso corpo era sagrado, muller. Noso sangrado mensual se acompasaba co crecer e decrecer das mareas e das colleitas. Reuníamonos en círculos sagrados, cando a lúa era escura, cando o sangue manaba dentre as nosas pernas. Aqueles eran días para tomar decisións importantes, decisións políticas e relixiosas sobre o Clan.
¿Lémbraste? ¿Podes sentir algo dese poder, desa maxia, na punta dos teus dedos? Aquí no Círculo recuperamos isto. Pouco a pouco. Porque a nosa mente esqueceu. Porém o noso corpo, as nosas células, o tuétano dos nosos ósos, nosos soños e nosas almas o lembran ben.
Históricamente se coñece a existencia de mosteiros de sacerdotisas. Os máis famosos foron o de Kildare en Irlanda, o da deusa Sul en Bath (Illa de Bretaña), e a Illa de Mona onde vivían moitas sacerdotisas..
Igual que o home, a muller celta disfrutaba da súa liberdade e dos dereitos que lle correspondían polo seu rango social ou fortuna persoal. Podía converterse en xefa de familia, reinar, ser profetisa, guerreira, maga, educadora, iniciadora; podía casarse ou permanecer solteira, podía divorciarse e heredar.
O qué son as druidas para ti? "Mestras de Vida que seguen sendo alumnas cada segundo que pasan nela..." Gracia Chacón
Iste círculo ten a excusa da tradición celta, aínda que vai mais aló, vai co próposito de recuperar a forza do poder ancestral da muller galega, da súa conexión coa natureza, cantares...ese lazo que pervive en nós, nas pasadas e futuras xeracións. Sanando e dotando de poder as nosas devanceiras.
¿Qué levo?
Roupa cómoda e calcetíns gordiños ou de reposto para andar descalza
Podes traer os teus amuletos, pedras ... aínda que neste círculo de sanación e encontro coas nosas devanceiras podes traer contigo tamén algún obxeto da tua mai, avoa, bisavoa, etc
Algo de comida para partillar ao final do círculo.
Ganas de Ser e Sentir.
Actividade Gratuita e Aberta a todas as Mulleres interesadas neste tipo de Encontros.
Aforo Limitado por cuestións de Espazo.
Rogamos Puntualidade (se non podes vir a este círculo, seguro coincidirá ben para outro)
Aforo Limitado por cuestións de Espazo.
Rogamos Puntualidade (se non podes vir a este círculo, seguro coincidirá ben para outro)
DERORÁN MERCEDES PEÓN
Implicadas coa natureza
Implicadas na pobreza
Implicadas polo mundo
Implicadas coa súa terra
A esperanza ten a faciana de muller
No hay comentarios:
Publicar un comentario